Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Débora Bouzón: “As Choqueiras segue crecendo e chegaremos a ter equipo sénior”

413975023_18025840189842559_785612422284725824_n

As Choqueiras despediron a primeira volta desta tempada co seu Torneo de Nadal que xa vai pola quinta edición e que reuniu a máis de 200 nenos e nenas das categorías benxamín e alevín. Participaron diferentes clubs de Redondela e a contorna entre os que se atopaban a SAR, o Balonmán Chapela o Club Cisne Balonmano e o A.D. Carballal Balonmán.

Débora Bouzón

Segundo a secretaria e coordinadora, Débora Bouzón, o obxectivo deste torneo sigue o espírito familiar do club coa intención de xerar unha boa convivencia e facer vida tamén cos país e nais. Ademais de todo isto, participan con varios centros educativos do municipio e bisbarra para traballar a través do balonmán nos valores deportivos. Este ano fixeron unha pequena exhibición das escolas deportivas coa presenza da ANPA do Colexio de Fornelos de Montes.

O club de balonmán As Choqueiras de Redondela naceu en 2019 cun único equipo infantil e cinco anos despois contan con tódalas categorías dende alevín ata a xuvenil. A técnica marca como obxectivos de cara á segunda volta “manter a posición na metade da táboa na que se atopan as mozas xuvenís” e sobre todo “pasalo ben e desfrutar do deporte”, porque os resultados nas categorías inferiores é algo ao que “non lle dan importancia”.

Unha meta que poñen para a tempada seguinte é formar un equipo sénior co que competir a nivel autonómico. Un propósito moi viable que se alimentará do crecemento das categorías inferiores e do traballo constante que levan facendo os últimos anos. As xogadoras do equipo xuvenil chegarán a ideade que corresponde á categoría superior facilitando esta formación que suporá un momento importante para o club.

A implicación da directiva e os deportistas son a chave para o éxito do crecemento do club, sen embargo Bouzón ten claro  que “As Choqueiras non existirían sen a aportación dos seus socios colaboradores”. A maioría deles forman parte do comercio local e teñen apoio de empresas tanto de Redondela como de Vigo.

Antes de volver aos adestramentos en xaneiro aínda teñen no calendario varios torneos de nadal nos que participan e nos que demostran a súa forza e o seu futuro prometedor como club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará