Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

9 clubs da contorna únense para celebrar o X Torneo Memorial Juan Bouzón da SAR

90074299-c4c6-4545-97d6-63cb09c2f743

O Pavillón da Bomboneira acolle, do 28 e ata o 30 de decembro, a competición de categorías  base que organiza o club redondelán polo Nadal. Ao longo destes tres días pasarán polo polideportivo máis de 350 rapaces e rapazas dos distintos clubs da contorna entre os que se atopan A SAR, As Choqueiras de Redondela, o Balonmán Chapela,  o Club Cisne Balonmano, A.D. Carballal Balonmán, a  Sociedad Deportiva Teucro, o Balonmán Arousa, o Balonmano Reconquista De Vigo e o Asmubal Meaño.

Durante a primeira xornada do xoves celebráronse os partidos do cadete e xuvenil masculino na que o club Reconquista foi o gañador en ambas categorías. Hoxe, 29 de decembro, pola mañá xoga a categoría cadete feminina e pola tarde é a quenda dos equipos de infantil masculino. No día de mañá compiten a categoría xuvenil e infantil feminina. Aínda queda moito por disputar e haberá que esperar os resultados.

Cada equipo gañador recibirá un trofeo co escudo da SAR a modo de recordo e coa intención de simbolizar a boa relación entre os clubs da contorna. Ao remate da competición tamén haberá un sorteo para os asistentes que deberán comprar rifas para optar a agasallos de parte do club en forma de cestas con sorpresas variadas.

De cara ao 7 de xaneiro a SAR recibirá aos máis pequenos das categorías alevín, benxamín e biberón, nun día enteiro de balonmán no que dende a directiva esperan contar coa presenza de máis de 200 nenos e nenas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará