Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

16 redondeláns participan no campionato de seleccións autonómicas de balonmán

post-view-1133

O Club SAR BM,  Balonmán Chapela e As Choqueiras de Redondela estarán presentes no Campionato de Seleccións Autonómicas (CESA) en distintas categorías. A competición terá lugar en Costa Brava (Cataluña) do 2 ao 7 de xaneiro. Das 114 seleccionados de toda Galicia, 16 son de Redondela.

No equipo infantil feminino participan Daniela Míguez (SAR), Adriana Bouzón (Choqueiras), Sabela González (BM Chapela), Noa Garrido (BM Chapela) e Antía Fernández (BM Chapela). O cadete feminino tamén ten representación redondelá con Noa Portela (SAR), Leire González (SAR) e Sira Bouzón (Choqueiras). E no xuvenil feminino contan coa xogadora Alba Pérez (SAR). Nas categorías masculinas tamén están seleccionados varios redondeláns. Son o xogador de infantil Mateo Lago (BM Chapela), o cadete Lois Alonso (BM Chapela) e o xuvenil Yago Raimúndez (BM Porriño). Na parte técnica están tamén a seleccionadora e a delegada do equipo cadete masculino, Carla Abad e Nerea Bouzón, respectivamente.

O concelleiro de Deportes, Iván Valles, salienta “o excelente traballo que fan as escolas e clubs de balonmán de Redondela coa súa canteira, e proba diso é que todos estes rapaces e rapazas están entre os 16 mellores de toda Galicia nas súas respectivas categorías”.

Trátase dunha gran reunión dos mellores deportistas do balonmán basee que xuntará a un total de 103 seleccións autonómicas, repartidas en categoría xuvenil -17 masculino e 16 feminino-, cadete -17 masculino e 18 feminino- e infantil -17 masculino e 18 feminino-. A Federació Catalá d’Handbol toma así a testemuña da Comunitat Valenciana, volvendo albergar un gran reto organizativo como xa fixo en 2017.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará