A elite da natación autonómica reuniuse no Campionato Galego Absoluto de inverno que se celebrou, por segundo ano consecutivo, nas piscinas do Club Fluvial de Lugo. A cita reuniu a os mellores nadadores da comunidade durante as xornadas do 28, 29 e 30 de decembro.
Parte do equipo absoluto e júnior do Club de Natación de Redondela desprazouse a Piscina Municipal Climatizada de Frigsa para participar na competición baixo as guía de Luis Leiro. O redondelán Martín González (2008) conseguiu a medalla de bronce en 100 metros braza cun tempo de 1:10.94 . De municipio tamén participaron Paulo Gunche, Jorge Amoedo, Carla Doval e Julia Alfaya.