O mércores 3 de xaneiro os postos do mercado ofrecerán aos clientes un roscón xigante que poderán degustar e no que se agochan 24 papeletas premiadas. Produtos frescos como peixe ou polo, froitas, vales de compra ou almorzos son algúns dos premios que poderán acadar os que se acheguen á praza de Redondela entre as 11.00 e as 12.30 horas. Con cada compra recibirán un vale para a degustación do roscón.
Un total de 12 praceiros e praceiras do mercado municipal de Redondela súmanse a esta singular campaña na que esperan compartir coa clientela un momento de confraternidade co que queren simbolizar o agradecemento á clientela que diariamente se achega a mercar aos mercados municipais. Esta é a segunda iniciativa de promoción das ventas que se pon en marcha nas prazas de abastos este Nadal grazas a colaboración de Concello de Redondela e Asociación de empresarios. No sorteo anterior repartíronse 8 cestas de Nadal.
PREMIADAS SORTEO DA PRAZA DE ABASTOS DE CHAPELA: Josefa Rodriguez Davila e Pili Hermo Salud Castro (Sita).
PREMIADAS SORTEO PLAZA DE ABASTOS DE REDONDELA: Mercedes Amoedo Figueroa, Concha Posada, Luci Lusquiños e Cristina Mª Vázque Escudero-
PREMIADAS SORTEO ONLINE: Sara García Migueles.
Segundo a Asociación de Empresarios, “a introdución na Praza de Abastos desta modalidade de sorteo dixital foi unha aposta por achegarse a clientela máis nova” e así quedou constatado na participación que aínda que foi menor que a media doutros sorteos realizados para o comercio en xeral de Redondela reflectiron “unha participación moi destacada e maior que o esperado”.