Os torneos solidarios Recambio Ochoa do C.D. Choco, Cabeiriño Solidario do Arealonga F.S. e Recollida Solidaria de Alimentos do Grupo Casa Paco, que abrangue a colaboración doutros clubs da contorna, recolleron preto de 4000 quilos de alimentos non perecedoiros que foron entregados a Cáritas de Redondela para ser repartidos entre as persoas en risco de exclusión social.
Cáritas de Redondela agradece aos club organizadores e participantes en ditos torneos “o grande éxito deportivo acadado e a grande cantidade de alimentos recollidos. Parabéns por educar en valores e fomentar a solidariedade coas persoas máis vulnerables da nosa sociedade”.
Gracias a iniciativas solidarias como esta, no ano 2023 Cáritas de Redondela prestou axuda a 148 fogares, con preto de 400 persoas beneficiarias, sendo 100 menores de idade.