“First Comedy Dates” é o título do espectáculo que se poderá ver este 14 de xaneiro no Multiúsos da Xunqueira enmarcado no ciclo Humor na súa tinta. Da man dos cómicos Miki Dkai e Dani Acosta os espectadores poderán asistir como público ou incluso seren protagonistas dunha velada romántica que se desenvolverá ás 19:00 horas do domingo.
Ao entrar no teatro entregaráselle aos asistentes unha numeración que deberán levar consigo xa que poden formar parte activa do espectáculo, baixo petición voluntaria o por sorteo. Tres parellas serán confeccionadas por Miki e Dani co obxectivo de buscar entre os convocados a súa parella ideal. Un divertido test de compatibilidade servirá para encher de risas este show.
Os cómicos fan un chamamento “se tes un amigo ou amiga solteira e queres que suba con nós ao escenario ponte en contacto a través de www.firstcomedydate.com ou a través das nosas redes sociais explicándonos cal é e a situación e será un dos seus convidados a esta cea romántica”.
O prezo das entradas para o espectáculo, que se poderá ver o domingo no Multiúsos ás 19:00 horas, é de 13,00€ mais gastos de xestión en venta anticipada ou 16 euros na billeteira. As entradas anticipadas pódense adquirir na web de Woutick e presencialmente na entrada do Multiúsos.
Organizado pola productora Pares o Nones, Quixote e o Concello de Redondela.