Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Miguel Leirós (ADEGA): “Os pellets van chegar ao fondo da ría e afectarán a Redondela”

416995235_756723793154898_2239747847981880522_n

Os microplásticos apareceron inicialmente nas praias de Noia, Muros e do Barbanza tras a suposta caída ao mar galego dun container dun buque que transportaba pellets de plástico inferiores a 5 milímetros para a fabricación de botellas ou outro tipo de produtos plásticos en procesos industriais. Dende a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) alertan da chegada destes microplásticos ao interior da ría co paso do tempo, chegando a afectar a Redondela e o resto da enseada.

Miguel Leirós é o responsable da delegación de ADEGA en Vigo e pon en coñecemento que, dependendo das correntes mariñas, os pellets acabarán chegando ao interior da ría e afectarán a un maior número de praias co paso dos meses. Destaca a zona de Cesantes como un punto de acumulación de residuos da enseada. Cabe esperar todas las posibilidades e “por iso hai que apelar os Concellos que aínda non deron aviso de praias afectadas a establecer un estado de pre-emerxencia”.

“É difícil establecer unha temporalidade por depender das dinámicas mariñas”, Miguel Leirós.

Estes residuos, de non ser eliminados das praias, poderían acabar formando parte da nosa cadea trófica ou alimentaria, inxeridos pola fauna mariña, alén de supoñer unha nova agresión contaminante sobre o noso litoral e toda a biodiversidade costeira.

“A fauna mariña confunden os pellets con alimentos”, Miguel Leirós.

Leirós confirma “danos irreparables” e denuncia a falta de información por parte da Xunta, xa que hai sospeitas de outro tipo de materiais contaminantes no fondo do mar derivados do mesmo vertido. Ademais de pneumáticos, outros contedores caeron ao mar no mesmo momento derramando químicos e aditivos tóxicos.

“Estamos agardando máis información”, Miguel Leirós.

A Xunta de Galicia culpa ao Goberno central de non actuar no mar para recoller os pellets de plástico, pero o protocolo marca que para que o Executivo entre en acción en emerxencias, as comunidades teñen que elevar o nivel 2 de alerta, algo que non ocorreu ata onte. De terse declarado antes podería actuarse con coñecemento e evitar problemas como “o mal uso de maquinaria pesada por parte de persoal inexperto dos Concellos que provoca soterramento dos pellets nos areais”. Instan a que as limpezas se fagan manualmente e coordinadas por persoal formado, evitando ao máximo posible a compactación e remoción da area e respectando escrupulosamente as zonas dunares.

“Vanse crear estratos de pellets nos areias”, Miguel Leirós.

De momento é complicado sinalar a un responsable, a pesar das especulacións do entramado empresarial que hai detrás do cargueiro. Fálase do xigante do transporte marítimo Maersk, acusado polo fabricante de pellets como responsable da súa custodia e por tanto do desastre. Sen embargo, as institucións seguen sen aclarar a orixe desta catástrofe medioambiental.

 “As empresas que se dedican a industria química teñen unha lexislación moi laxa”, Miguel Leirós.

Dende ADEGA fan un chamamento para tomar conciencia real sobre a gran problemática do lixo mariño e dos graves impactos xerados polo comercio marítimo e polo actual sistema de consumo.

“A contaminación mariña por plásticos acontece todos os días”, Miguel Leirós.

Informan de que dotarán ao voluntariado dun protocolo de limpeza do lixo mariño, con especificacións concretas para a retirada adecuada de pellets de microplástico das praias. Algunhas das recomendacións pasan por acudir aos areais en grupos reducidos, realizar a limpeza de pellets nas horas de baixamar, empregar luvas de seguridade e evitar achegarse ás zonas ambientalmente máis sensibles.

Pode accederse ao protocolo completo nesta ligazón: http://adega.gal/media/documentos/Protocolo_Limpeza_Pellets-1.pdf.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará