O alcalde de Pazos de Borbén lembra que puxo a disposicións de todos os grupos o documento económico no mes de novembro co obxecto de que a oposición lle fixeran chegar as súas propostas para ver de incorporalas ao borrador no que se está a traballar. De feito, asegura Otero que “malia que a súa intención era levar este orzamento a pleno en decembro optou por pospoñelo para permitir á oposición que presentar as achegas que considerase oportunas”. Rexeita así as críticas do BNG quen o acusaran e “pasividade na elaboración do orzamento do 2024”.
Un documento no que asegura Otero “o goberno realizou unha serie de axustes que lle permiten aumentar significativamente as subvencións a clubs deportivos e culturais, así como as axudas escolares e sociais, sen aumentar os impostos aos veciños e veciñas de Pazos de Borbén”.
Insiste en que malia a intención de levar este orzamento a pleno no pasado mes de decembro optouse por pospoñelo para permitir á oposición presentar melloras ao borrador. Con todo, tan só atopou interese no PSOE, reuníndose co seu portavoz Anselmo Táboas para discutir este asunto e lamenta “que haxa quen estea máis interesado en utilizar os novos orzamentos como arma contra o goberno en vez de facer propostas para resolver as necesidades da comunidade”. Así, en resposta ás críticas do BNG, o alcalde manifesta que aínda está a espera das propostas deste grupo e insta ao seu voceiro Xurxo Pardo a “abandonar a demagoxia e a enfocarse en traballar polo benestar de todos os veciños, tal como se espera del por parte dos seus votantes”.
Co firme propósito de non atrasar máis as achegas do concello a clubs e asociacións, que necesitan con urxencia, Otero planea levar os orzamentos a pleno antes do fin deste mes. Non obstante, advirte que, en caso de non aprobarse nese pleno, é posible que non volva a intentar levalos para evitar facer perder o tempo aos funcionarios e ocasionar máis gastos innecesarios ás arcas do Concello. Otero entende que se non se presentan propostas, asumirase que están de acordo co orzamento presentado.