Os equipos sénior dos clubs deportivos redondeláns teñen cita esta fin de semana continuando coa liga.
CD Choco – Portonovo SD
CD choco enfróntase ao Portonovo o domingo 14 de xaneiro no Campo Municipal de Santa Mariña. Esta será unha xornada decisiva que podería facer ascender aos choqueiros do terceiro ao segundo posto. A Presidenta do club, Virginia Ricón, fai un chamamento en apoio ao equipo sénior.
Ricón, móstrase satisfeita coa posición dos sénior e invita á xente ao primeiro partido da segunda volta que será “moi emocionante”.
EF Cobres – CD Cesantes
En canto ao CD Cesantes, atópase no grupo 10 de Segunda Galicia en última posición. Van tentar arrincar algún punto o domingo 14 de xaneiro ao Cobres, para afastarse do postos de descenso.
SD Amencer – CD Soutomaior
Na mesma liga, Segunda Galicia, o Soutomaior xoga contra a Sociedade Deportiva Amencer ás 16:30h no Campo de fútbol Lampans. Nestes momentos atópanse de sétimos empatados co Domaio CF.
FÚTBOL SALA
Insuas do Miño Rábade F.S – SD Pazos de Borbén
O equipo sénior da SD Pazos de Borbén pechará a primeira volta da liga en Terceira División visitando o domingo ás 17:00h ao Insuas do Miño Rábade F.S no pavillón do rival.
O equipo de Primeira Autonómica do Pazos tamén xoga o domingo 14 ás 19:00h contra o Pecheches FS no Pavillón do Berbés.
Redondela FS- Campito
Na Preferente, interesante partido o que se vai disputar este sábado 13 ás 20:00 horas no Pavillón da Marisma. O Redondela FS retoma a competición co derbi ante o Campito. Dous equipos que pasan por situacións moi diferentes, os de Rolan situados na oitava posición e o equipo de Chapela como pechacancelas da categoría
Cercedo-Cotobade FS – Arealonga FS
O equipo sénior masculino do Arealonga FS xogan en Primeira Autonómica e enfrontaranse ao Cercedo-Cotobade FS o sábado 13 de xaneiro ás 19:00h no Pavillón de Cerdedo.
Ademais, o equipo sénior feminino de 1º Autonómica enfrontase ao Bulebule FS o sábado ás 19:30h no Pavillón municipal de Chapela.
BALONMÁN
SAR Rodavigo – Meaño
As xogadoras de División de Honra Prata Feminina da SAR reinician a liga cun derbi no Pavillón Municipal da Bomboneira. Terá lugar o Sábado 13 ás 18:30h e xogarán contra o Asmubal Meaño, un equipo co que están empatadas a 11 puntos e no que xogaranse a cómoda sétima posición da táboa xeral.
Valinox Novás B – SAR Plastic Omnium
O mesmo día, sábado 13 de xaneiro, o equipo sénior masculino da SAR xoga en Primeira Autonómica contra o Valinox Novás B no Pavillón Municipal do Rosal ás 12:00h. Nestes os momentos os redondeláns están nunha boa segunda posición empatados a 17 puntos co Grove e a só 1 punto dos primeiros da liga. Os de Pontevedra, pola súa banda, son sétimos na táboa.
Grove Paraíso Rasoeiro BM – Balonmán Chapela
Os sénior do Balonmán Chapela, novenos na liga regular de Primeira Autonómica, visitan o pavillón municipal Novo Monte da Vila para xogar contra o Grove o sábado ás 18:30 h. Este será un partido complicado pois enfróntanse aos segundos da táboa.
En canto as xogadoras de Primeira Autonómica do Chapela, enfróntanse ao Carballal o sábado ás 12:45 no Pavillón do rival.