Foto: Policía local
O últimos dos sinistros tiña lugar as 23:15 horas de onte á altura de Bolero, cunha colisión frontal entre dous turismos que non deixou feridos. Si resultou ferido leve o condutor dun camión que as 11:30 horas do sábado saíase da vía na N-552 á altura do Colexio Vigo. Sorprendente o terceiro dos accidentes da fin de semana, neste caso unha condutora encaixaba o seu vehículo entre a balaustrada do Alvedosa e unha columna tras subirse a beirarrúa en Ernestina Otero.
Axentes da policía local de Redondela interviron a primeira hora da noite deste domingo nun accidente de tráfico na estrada N-552. Unha colisión frontal entre dous turismos no stop que se atopa á altura da sala Bolero e que afortunadamente tan só deixou danos materiais nos vehículos implicados que quedaron no medio da calzada e obrigaron a desviar o tráfico ata que foron retirados da vía.
Non foi este o único sinistro nas estradas do concello. O sábado foi precisa tamén a intervención de Policía Local e Protección civil nun accidente que se producía na N-552 entre Redondela e Vigo á altura do barrio da Formiga en Cedeira. Un camión saíse da vía por causas que se descoñecen resultando ferido leve o condutor que tivo que ser trasladado a un centro hospitalario polo 061.
O camión permanecería no punto ata a súa retirada por un guindastre. Ao punto acudiu conservación de estradas e Garda Civil de tráfico, facéndose cargo do atestado e da investigación das causas do suceso.
Coche encaixado
Sorprendente o acontecido na rúa Ernestina otero, onde unha condutora, veciña de Pazos de Borbén, encaixou o seu vehículo entre a balaustrada do río Alvedosa e unha columna de pedra tras subirse co seu vehículo a beirarrúa. A muller logrou saír do vehículo polos seus propios medios e foi trasladada a urxencias para unha valoración do seu estado.