A competición, organizada polo club redondelán en Colaboración co Concello de Redondela, terá lugar no Pavillón Municipal ‘A Marisma’ esta fin de semana, o 20 e 21 de xaneiro. O campionato está convocado pola Federación Galega de Patinaxe e acollerá a 26 clubs da provincia de Pontevedra e Ourense.
Esta gran exhibición de técnica comeza o sábado ás 10:00h coa participación de Balaidos, El Olivo, Vagalume, Rosalía, Salceda, Ribex e Arealonga Chapela. Pola tarde, a partir das 16:00h e ata ás 20:00h, será a quenda do AEHDE, Carpa, Coruxo, Salvaterra, Valladares, Castrelos, Luar, Soutomaior e A.D. Sobre Rodas.
O domingo 21 abren as portas do pavillón ás 10:0h para a proba do Bolboreta Redondela, Ánfora, Indalo, Gondomar, Blossom, Tea, Covelo, Ourela, Patín Porriño e Condado. A partir das 13:30h será a entrega de diplomas.
Cristina Boullosa, a presidenta do CPA Bolboreta, explica que “ a Federación tivo que facer cambios na organización das modalidades o que supón unha reorganización nas competicións por niveis”.
Segundo Boullosa, estes cambios a nivel federativo débense “a un aumento do interese por este deporte”. Cada vez crecen máis as categorías inferiores o que obriga a facer unha competición única para os niveis de 1 a 3 e outra para os niveis que van do 4 ao 10.
Pon como exemplo ao club bolboreta que dun ano para outro triplicou o número de deportistas adestrando na base.
O Pavillón Municipal A Marisma acolle esta fin de semana a 26 clubs das provincias de Pontevedra e Ourense para as probas de niveis 4 a 10. As distintas categorías farán unha exhibición de forza onde valorarase a técnica en pasos, saltos e piruetas.