Unha campaña que se realizou por primeira vez integramente de forma dixital e que superou as expectativas de participación xa que foron un total de 64.466 participacións as que entraron no bombo do sorteo dos 3.000€ en vales de compra da Campaña de Nadal. Foron 35 as persoas agraciadas con vales de compra de 50, 100 e 200 euros.
A asociación de empresarios valora moi positivametne a campaña na que se superaron as cifras de participación dos últimos anos nas que a participación era en forma de papeletas. Normalmente o número de participación distribuídas en papel era de 40.000 e retornaba en forma de participación entre un 70 e un 80 por centro das papeletas distribuídas pola asociación e que eran entregadas á clientela polas súas compras.
Salientan tamén que con esta modalidade de sorteo dixital todos os premiados son facilmente localizables ao estaren rexistrados na nova plataforma desenvolvida do Asociación de Empresarios de Redondela e que contou co cofinanciamento da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Comecio.