Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira, Quintela e Saxamonde xa contan co seu estudo toponímico

peirao

Peirao da Portela: O sustantivo peirao procede do latín petrado e é un derivado de pedra

A filóloga María Pol foi encargada de realizar un exhaustivo estudo dos topónimos destas tres parroquias. A partir da recollida de campo realizada pola Cooperativa Trespés, o seu traballo centrouse en analizar e clasificar os diferentes topónimos, mais de 600 no caso de Cedeira, e buscar cal é a súa orixe “non sempre doada de identificar”. Os libros pódense consultar na web de toponimia do Concello de Redondela.

Todo o que forma parte da nosa realidade ten un nome que ven de hai centos de anos. Recuperar estes nomes antes de que se esquezan é fundamental porque “perder os topónimos é perder parte da nosa cultura, xa que nomean realidades propias do noso territorio e das súas xentes”.

María Pol explica así a relevancia destes traballos encargados polo Concello de Redondela para documentar a toponimia das parroquias “como paso previo para a protección e conservación deste patrimonio inmaterial” con nomes antiquísmos algúns dos cales contan con moitos séculos de existencia e que aínda viven na fala e forman parte da  lingua galega.

María Pol, filóloga

Cada libro está estruturado en diferentes apartados, o primeiro centrado en tratar de identificar a orixe do nome da propia parroquia, non sempre doado. Así no caso de Quintela a orixe habería que buscala na plabra “quinta” unha forma de partir as terras que procede do latín “quintanela”. Saxamonde sería un antropónimo e procede do nome dunha persoa que se chamaba “saxamondus”.

Moito máis difícil é identificar a orixe do topónimo de Cedeira, xa que neste caso habería varías teorías malia que ningunha definitiva.

A partir desa definición inicial, os microtopónimos categorízanse en antropónimos, hidrotopónimos, talasónimos, filotopónimos… e o traballo de Pol vailles dando unha explicación sobre cal é a súa orixe máis probable, malia que sempre quedan algúns nomes en torno aos que nin tan sequera hai unha teoría sobre a súa orixe.

Un traballo intenso de documentación que se concreta nestas tres novas publicacións que se engaden a títulos anteriores centrados nas parroquias de Reboreda, Cabeiro, Negros e Vilar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará