JUV. Cambados – CD Choco
O Choco tentará esta fin de semana recuperar os puntos perdidos na anterior xornada, cando enfrontouse ao Portonovo en Santa Mariña nun polémico partido no que a afección dubidou das decisión do colexiado ao sinalar varios penaltis a favor dos rivais. En consecuencia baixou un posot na táboa xeral. Este domingo 21 de xaneiro xogan fóra da casa. Os de Redondela enfrontaranse ao Cambados no Campo Municipal de Burgáns ás 16:30h da tarde.
Nestes momentos o CD choco está en cuarta posición con só dous puntos para lograr entrar na zona de podio. Hai posibilidades de gañar este partido tendo en conta a distancia do Cambados na táboa, situado en oitava posición.
Caldas C.F. – C.D. Arcade
O domingo 21 de xaneiro, en Primeira Galicia, o Arcade xoga fora da casa contra o Caldas. Nestes momentos está en décimo cuarta posción empatado a 22 puntos co Moraña C.F. e o C.C.D. Chain. Hai moitas posibilidades de ascender un escalafón na clasificatoria xeral se conseguen arrincar puntos no partido da próxima xornada.
CD Cesantes – SD Amencer
Na anterior xornada O Cesantes perdeu contra o Cobres, sétimos na clasificación da liga Segunda Galicia, cun resultado de 3 fronte a 0. En consecuencia, baixaron un chanzo situándose de últimos na liga e moi preto do descenso. O próximo domingo 21 de xaneiro xogan contra a SD Amencer, novenos da táboa, ás 17:00h da tarde no Campo da Gándara.
CD Soutomaior – SD Romay
En canto ao Soutomaior, a xornada pasada empatou a dous contra a Sociedade Deportiva Amencer. Ata o de agora atopábanse na sétima posición empatados co Domaio, pero tras esta última xornada baixaron ata o oitavo chanzo. O domingo 21 de xaneiro xogan na casa ás 17h da tarde contra o SD Romay, décimo segundos na clasificatoria, no Campo Graciano Padín.