Foto: Patri Rivas
Fin de semana para esquecer nunha xornada na que os equipos locais non foron quen de sumar. Na División de Honra Prata feminina a SAR caía na súa visita ao campo do Porriño. Na primeira autonómica, Sar e Chapela tampouco eran quen de vencer aos seus rivais, Rasoeiro e Lavadores, equipos que lograron sumar nas súas respectivas citas.
Rubensa Indupor Porriño 30-27 Sar Rodavigo
Malia o dominio da SAR nos primeiros minutos de partido, o Porriño foi collendo aire, aumentando a intensidade e a velocidade o que lle permitiu remontar. Así ao descanso o marcador estaba xa moi igualado, cun tanto a favor dos locais (15-14). Na segunda parte, o Porriño mantivo a presión o que lles permitiu facerse cos dous puntos en xogo.
A SAR sitúase no oitavo posto da clasificación e na vindeira semana reciben na bomboneira ao cuarto da táboa, o Rocasa.
Rasoeiro BM 27 – SAR Plastic Omnium 26
Derrota no Grove para o equipo de Redondela que caía pola mínima ante o Rasoeiro. Na próxima semana xogan na casa, reciben ao Lavadores Vigo.
Lavadores Vigo 31-27 balonmán Chapela
Complicada situación para o balonmán Chapela que non logra afastarse dos últimos postos da clasificación (10). Perdían na súa visita ao campo do Lavadores e xogan na vindeira semana no pavillón Manuel González Soto co Balonmán Loriga, oitavos do grupo.