A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade informa do peche ao tráfico este mércores dende as 8 e ata as 15:00 horas dun carril na N-555, que une Redondela con Peinador. O perigo de derrube dunha árbore sobre o tendido eléctrico obriga a este peche “xa que o propietario da finca precisa utilizar un camión grúa para a retirada da árbore”. O tramo afectado da estrada está situado entre a igrexa de Santo Estevo de Negros e a ruta da senda auga, coñecida como “Curva do río”. Durante o tempo que dure o peche o paso de vehículos estará regulado por semáforos.
Desde a concellería indican que aproveitarán estes traballos “para facer unha limpeza de biomasa e renovar os farois de alumeado público nese tramo substituíndo as luminarias actuais por lámpadas led de baixo consumo”.