Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior homenaxea ao veterano deportista Alfonso Pazos dándolle o seu nome ao pavillón municipal

DSC01072

Pioneiro do baloncesto en Soutomaior e durante varias décadas adestrador e presidente do Club de Baloncesto de Arcade, Alfonso Pazos atesoura méritos máis que suficientes como para contar cun pavillón na localidade. Así o entende o goberno local que vén de anunciar que as instalacións da Montesiña pasarán a nomearse Pavillón “Alfonso Pazos”. Na vindeiras semanas instalarán unha placa conmemorativa e está previsto realizar diferentes actos de homenaxe.

O Goberno de Soutomaior vén de anunciar que o pavillón municipal pasará a nomearse Pavillón da Montesiña ‘Alfonso Pazos’, en homenaxe a este ilustre veciño “un dos pioneiros do baloncesto en Soutomaior, quen durante varias décadas foi adestrador e presidente do Club Baloncesto Arcade e quen sempre levou a cabo calquera tarefa que fose necesaria para que os xogadores puidesen practicar o baloncesto nas mellores condicións”. De feito, apuntan que numerosas xeracións de mozos do concello estiveron guiados polas súas ensinanzas sobre o baloncesto e sobre a vida, algo que agora o goberno locla quere honrar con este recoñecemento.

O alcalde, Manu Lourenzo, foi quen lle comunicou ao propio Alfonso Pazos esta decisión do Goberno de Soutomaior, tras falar primeiro cos seus familiares e achegados. En palabras do alcalde Manu Lourenzo, “dende o goberno de Soutomaior sentimos que aqueles que, como Alfonso Pazos, dedican unha vida enteira a súa paixón e que ademais dan todo o seu tempo e agarimo para compartila con todo un pobo ano tras ano son os que fan que o mundo sexa mellor”.

Neste sentido, sinalou que poñer o nome de Alfonso Pazos ao pavillón municipal “responde á débeda histórica que o baloncesto e o deporte en xeral do noso concello ten con este ilustre veciño, quen durante décadas se entregou en corpo e alma a construír un Soutomaior mellor e para toda a veciñanza”.

Ademais deste recoñecemento, preparan un acto de recoñecemento a Alfonso Pazos de cara as vindeiras semanas, na que se instalará unha placa conmemorativa con nome do homenaxeado no pavillón municipal e que contará con diferentes intervencións que o Concello de Soutomaior irá anunciando.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará