Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro Cultural de Cedeira acolle a presentación do libro sobre a toponimia da parroquia

cedeira

Os topónimos poden estar vinculados á actividade que se desenvolvía no lugar

O acto terá lugar este sábado 27 ás 18:00 horas e no mesmo participarán a filóloga e autora do texto, María Pol, o responsable de normalización lingüística, Xurxo Martínez e a alcaldesa, Digna Rivas.

O libro realiza un exhaustivo estudo dos topónimos e microtoponimos desta parroquia. Recóllense e clasifícanse máis de 600 nomes de camiños, lugares, fontes, ríos, leiras… partindo dun traballo previo realizado pola Cooperativa Trespés, encargados de recompilar estes topónimos, é agora María Pol quen os categoriza e lles da unha explicación filolóxica sobre a súa posible orixe, non sempre doada de identificar.

O libro –xunto con outros xa publicados e que recollen os topónimos das parroquias de Reboreda, Cabeiro, Negros, Vilar, Quintela e Saxamonde- pódense consultar na web de toponimia do Concello de Redondela.

Salienta Pol a importancia deste tipo de traballos “recuperar estes nomes antes de que se esquezan é fundamental porque perder os topónimos é perder parte da nosa cultura, xa que nomean realidades propias do noso territorio e das súas xentes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará