Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Cidadelle indignados polo “estado de abandono” no que se atopan os viais do barrio

rabexa e cidadelle

Camiño da Rabexa e Subida a Cidadelle presentan fochancas e anegamentos

A principal vía de acceso ao barrio de Cidadelle en Chapela está actualmente en obras e atópase nunha situación intransitable que se agravou dende que o pasado mes de setembro arrancaran os traballos de humanización deste vial que comunica a Avenida de Redondela coa zona alta da parroquia. Con todo, os viais alternativos non están en mellor estado segundo denuncian os veciños “cheos de fochancas que supoñen un perigo para os vehículos que se desprazan pola zona”.

Os veciños explican que cando chove a rúa que está a ser reformada convértese nun lodazal cheo de pedras que inunda baixos e provocan danos nos portais”. Iso tradúcese en que a vía sexa practicamente intransitable. Con todo, insisten en que a situación afecta tamén aos viais alternativos.

“Cada vez que denunciamos os buracos que hai na estrada, veñen un par de obreiros, rechean as fochancas con grava e marchan”, unha solución que insisten non serve para arranxar nada “en canto chove, ao ser viais con fortes pendentes, a auga arrastra o xabre a os buracos quedan igual ou peor que antes”.

Yasmín Conde é unha das veciñas do barrio

Insisten en que o problema non se reduce a unha cuestión de asfaltado “o problema é moito máis, unha falta de mantemento en xeral: cunetas obstruídas, limpezas dos laterias dos camiños ou incluso falta de sinalización, o que provoca que en máis dunha ocasión se atopen coches en sentido contrario na mesma subida”.

Vehículos que quedan atrapados ou se estragan debido aos golpes é o resultado de transitar por estes camiños con fochas de “ata 20 centímetros”. Yasmín Conde pon como exemplo o seu caso “xa tivemos que parchear as rodas do coche en varias ocasións, pero non hai roda que aguante o estado destes camiños”.

O Concello iniciou as obras de reforma da Subida de Cidadelle o pasado mes de setembro cunha achega da Deputación de 355.465€ da Liña 1 do Plan Concellos. Unha actuación que contempla a renovación das redes de saneamento, pluviais e abastecemento ademais dun novo firme. Malia que o prazo de execución era de catro meses, o certo é que as obras non parece que vaian rematar en breve.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará