Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ana Pontón chega a Redondela convencida de que “o día 18 o BNG vai facer historia”

ana pontón

A candidata do BNG á presidencia da Xunta protagoniza esta tarde ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira un mitin de campaña onde estará acompañada do cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará así como os concelleiros de Redondela, Xoán Carlos González e Jéssica García.

“Hai unha enorme gana de cambio neste país e unha enorme ilusión, algo que se palpa na rúa pero que tamén se está a ver nas enquisas” así o manifestaba nos nosos micrófonos a candidata do bloque que falaba da “necesidade de aglutinar o voto do cambio no BNG” e botaba man do tradicional símil futbolístico “hai partido e ímolo gañar”.

Fala duns comicios que se presentan como “as máis abertas dos últimos 20 anos” e cunha maioría que quere cambio “fronte a un proxecto –o do PP- que non está a dar resposta as necesidades de galegos e galegas”. Anima a toda a cidadanía a estar nas urnas o 18 de febreiro e a sumar votos “para ao BNG que é a forza que lle está a disputar o goberno ao PP”. Unha apoios nos que confía porque os votantes “queren un partido que ten proxecto de país e que se compromete nos primeiros cen días de goberno  a poñer en marcha un plan de rescate de atención primaria e incrementar a atención aos maiores así como poñer en marcha medida para que a xente nova teña futuro aquí”.

Entrevista a Ana Pontón, candidata do BNG á Xunta
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará