Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Centro de Información a Muller de Soutomaior atendeu 570 consultas o pasado ano

cim souto

Cristina García, psicóloga e directora do CIM de Soutomaior e Margarita Taboada, Técnica de Igualdade do CIM,  presentaron a memoria da actividade do Centro de Información á Muller, uns datos que amosan a necesidade deste servizo.

As consultas realizadas centráronse pricipalmente na atención psicolóxica (222) e na petición de asesoramento xurídico (157). Houbo 12 consultas por vítimas de violencia de xénero, 21 persoas recibiron información dos cursos, actividades ou xornadas realizadas polo CIM e 153 solicitaron información doutros recursos.

Ademais das consultas, realizáronse a solicitude das axudas a todas aquelas mulleres que o demandaron, coma a prestación de pago periódico para vítimas de violencia de xénero (6 solicitudes), prestación de pago único ( 3 solicitudes) ou as estadías de tempo libre. Tamén se tramitaron 4 novas solicitudes de  servizo de acompañamento telefónico ATENPRO, para vítimas de violencia de xénero.

Para favorecer a saúde física, emocional e mental das persoas usuarias do CIM, así como promover os seus hábitos de autocoidado, realizáronse un total de 6 obradoiros ao longo do pasado ano onde participaron un total de 86 mulleres: Apoderamento Corporal, Calma na alma, Arteterapia, Chan pélvico, Xinecoloxía natural e igualdade afectivo-sexual.

No 2023, promovéronse desde o Concello unha aposta por fomentar as actividades de conciliación, dentro do Espazo Concilia  realizáronse catro campamentos para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante períodos non lectivos dos colexios, Semana santa, campamento de verán, artístico e nadal onde participaron un total de 147 nenas e nenos do municipio, cubrindo así todos os períodos non lectivos .

Así mesmo, realizáronse actividades especificas para conmemorar as datas do 8 de marzo e o 25 de Novembro, díasinternacionais da muller e contra a eliminación da violencia machista, respectivamente.

Dende o CIM lembran que o servizo atópase na rúa Peirao, nº 8 en Arcade, no Centro de Benestar Integrado e que calquera persoa que así o considere poder facer uso do mesmo, chamando o número de teléfono 986701227 para pedir cita previa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará