Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As eleccións tamén se xogan en Redondela

política

Fin de semana intenso no político en Redondela coa presenza de dous dos candidatos á presidencia a Xunta. Por unha banda, a nacionalista Ana Pontón chegaba ao Multiúsos na tarde noite do venres mentres que o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro recalaba en Redondela na xornada do domingo.

Unhas trescentas persoas déronse cita no exterior do Multiúsos para participar dun acto de precampaña convocado polo PSOE na xornada de onte. No mitin Besteiro reivindicou que fronte a “falta de liderado de Rueda, preso de Ayuso e Feijoo”, o seu partido comprométese a priorizar o Ave Vigo-Oporto-Lisboa “esencial para a economía galega”. Reivindicou tamén a xestión do Goberno para situar a AP-9 no camiño da gratuidade.

Un acto no que estivo acompañado da portavoz do PSOE, Esther Peña, a cabeza de lista por Pontevedra, Elena Espinosa e a alcaldesa, Digna Rivas.

Mitin do BNG

Pola súa banda, a candidata nacionalista, Ana Pontón defendeu o venres no Multiúsos a recuperación da enseada de San Simón para garantir o emprego no sector marisqueiro. Acompañada neste caso do candidato por Pontevedra, Luis Bará e os concelleiros redondeláns Xoán Carlos González e Jéssica García, a portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, aproveitou a súa intervención para destacar algunhas das medidas para este concello e o conxunto da comarca que ten previsto desenvolver o Goberno que aspira a presidir. 

Pontón avanzou o seu compromiso de que un goberno do BNG “vai cumprir con Redondela” que, segundo dixo, terá nela unha aliada para mellorar a vida da xente empezando pola mellora dos servizos públicos, en sanidade, no coidado das persoas maiores e en educación. Neste último ámbito sinalou a escola infantil de Chapela, unha infraestrutura educativa que as familias do municipio levan moito tempo reclamando.

Un acto de precampaña no que se amosou convencida de que “o día 18 o BNG vai facer historia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará