A concellería de Maiores recupera os cursos de memoria dirixidos a persoas de máis de 55 anos. Baixo o título “Mentes activas” as clases comezarán o mes de febreiro en toda as parroquias. Os participantes “desenvolverán experiencias sensoriais, xogos interactivos e diferentes exercicios que lles axudarán a reforzar a atención, incrementar a agudeza auditiva e visual e previr o deterioro da memoria, o que redunda nunha mellor calidade de vida”. A inscrición debe realizarse nos rexistros do Concello.
Baixo o título “Mentes activas” e orientado a maiores de 55 anos, os cursos inclúen actividades unha hora á semana en colaboración coa Fundación Formavigo. A concelleira Pilar Martínez explica que nestes cursos os participantes “desenvolverán experiencias sensoriais, xogos interactivos e diferentes exercicios que lles axudarán a reforzar a atención, incrementar a agudeza auditiva e visual e previr o deterioro da memoria. O obxectivo deste ano é ampliar as prazas ata os 14 grupos para un total de 168 persoas, parachegar así a un maior número de persoas.
Os cursos, que son de balde, abren o prazo de inscrición esta semana nos rexistros habilitados no Concello. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O único requisito é ter máis de 55 anos, con preferencia para as persoas empadroadas en Redondela. As actividades comezarán o 20 de febreiro con diferentes días e horarios nas asociacións e centros culturais participantes: CCD Cesantes, CCS A Miñoteira de Ventosela, AVV Chapela, ADC Rande, CC San Esteban de Negros, CC Saramagoso no Viso, CC Cabeiro, Asociación Soutoxuste, CC Vilar de Infesta, CC Cidadelle e Asociación Arela en Saxamonde.
A próxima semana ábrese tamén o prazo para os cursos de Risoterapia e Musicoteparia, que se impartirán tamén en todas as parroquias a partir do mes de marzo.