Foto: Patri Rivas
Tres partidos e tres vitorias. O pavillón de Redondela viviu na tarde do sábado unha xornada de moito balonmán e de moitas alegrías para a SAR con vitorias tanto na División de honra Feminina como na Primeira nacional. O mesmo acontecía no pavillón Manuel González Soto onde o equipo de Chapela lograba a vitoria ante o Loriga.
SAR 33-29 Rocasa
Gran vitoria da SAR Rodavigo ante o Rocasa Gran Canaria. Malia que o inicio do partido non apuntaba ven para as redondelás, as mozas souberon recuperar o terreo e darlle a volta ao marcado chegando ao descanso xa cunha importante vantaxe de cinco goles (20-15). Na segunda metade, as boas actuacións de ataque e as grandes intervencións na portería lograron frear os intentos das canarias chegándose ao final co definitivo 33-29.
A Sar sitúase agora no sétimo posto da clasificación e xogan na vindeira semana na casa do Palencia, pechacancelas do grupo.
Primeira autonómica
Sar plastic Omnium 30-18 Lavadores Vigo
Vitoria clara para a SAR nun partido que dominaron dende o inicio. Así o deixaba patente o resultado no marcado cando se chegaba ao descanso cun 20-10. No segundo tempo o gardameta rival logrou conter os ataques continuados dos de Redondela que malia todo lograría a vitoria ante os vigueses por 30-18.
Situados na cuarta posición, a SAR xogará na vindeira semana na difícil pista do Balonmán Loriga.
Balonmán Chapela 28-25 Proquideza Balonmán Loriga
Vitoria tamén para o Chapela que logra así coller algo de aire. Situados na décima posición da táboa, na vindeira semana xogan no campo dun rival directo, o Pontedeume, decimoprimeiros da categoría.