Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un muro antirruído deixa aos veciños do Coto en Cesantes sen luz e sen vistas

muro 1

Os residentes na zona non entenden a decisión de Adif de colocar pantallas opacas de ata seis metros de altura nunha zona na que o ruído do tren non molestaba. De feito, as vías atópanse a vinte metros por baixo das súas propiedades. Entenden que a decisión tomouse “nun despacho en Madrid” sen ter en conta as características do terreo e critican que o goberno local lles ocultara a obra “non puidemos alegar porque o concello non nos informou en ningún momento de que esta actuación estaba prevista”.

Completamente indefensa, así se sente Sonia Camiña Alján, unha das veciñas do barrio que, dun día para outro, viu como lle plantaban diante do seu terreo un muro de seis metros de altura. Pasou de ter unhas vistas privilexiadas e de gozar da luz do sol a atoparse “pechada detrás dun muro”.

A situación afecta a numerosos veciños que, cando se decataron do que estaban a facer os operarios, decidiron dirixirse ao concello “alí dixéronnos que era unha simple substitución da rede que había anteriormente” algo que como demostrou o tempo non era tal, xa que a realidade foi que se retirou a rede e se colocaron unha pantallas completamente opacas que lles quitan as vistas e a luz.

Unha pantallas antirruido “completamente innecesarias xa que da vía do tren nos separa un noiro de máis de vinte metros que xa fai de barreira natural, nunca na zona nos queixamos do ruído nin demandamos este tipo de protección”.

En todo este proceso critican especialmente o trato recibido por parte do concello xa que dende Adif e tras presentar unha reclamación se lles contestou que “previamente ao inicio dos traballos correspondentes, informouse ao Concello sobre as actuacións que estaban previstas executar” pero “a nós nunca nos chegou esa información, rematou o prazo de alegacións e agora non podemos facer nada”

A estas alturas teñen previsto montar unha Plataforma de afectados e están en mans de avogados “se non conseguimos que retiren o valado, polo menos que se substitúa por outra material transparente” pero Fomento xa lles comunicou que esa opción é pouco factible”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará