Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS salva os mobles nunha fin de semana con derrotas para o Pazos e o Chapela

pazos fs

Mal fin de semana para o Fútbol sala comarcal, con derrota do primeiro equipo de Pazos de Borbén na súa visita o Val Miñor e derrota tamén do Chapela ante o Cesures. Si houbo vitoria para o Redondela que logrou vencer claramente ao Beade por 6-1.

Baíña 7-4 Pazos de Borbén

Derrota do primeiro equipo na súa visita ao Val Mińor. 7-4 foi o resultado final do derbi disputado en Baiona, os de Matilla –explican dende a Sociedade deportiva Pazos- non estiveron cómodos en ningún momento sobre o parqué do Municipal de Baiona e xa dende os primeiros segundos se viron por detrás ante un equipo local cun plan de partido moi claro que executaron á perfección para levarse os tres puntos .

Fan mención tamén do que cualifican de “bochornosa situación do trío arbitral”. Malia recoñecer que a derrota non tivo que ver coa súa actuación insisten en criticar a forma de actuar dos árbitros “cuxa actuación provocadora desesperou unha e outra vez aos dous equipos”

Situados na metade da táboa na vindeira fin de semana reciben en Pazos ao Praia de Barreiros.

Redondela 6-1 Beade

Os de Redondela son sextos logo de lograr unha avultada vitoria no pavillón municipal onde recibiron ao Beade. Na vindeira fin de semana xogan no campo dun rival directo, o Vianariño.

Chapela 5-6 Cesures

O Chapela caeu pola mínima ante o Cesures. Unha derrota que volve relegar aos de chapela ao último posto da clasificación. Na vindeira semana xogan no campo do sétimo clasificado, A Quinta de Tui.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará