Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Triplete para o balonmán local

sar

Foto: Patri Rivas

As mozas de División de Honra Prata vencían na súa visita a Palencia. Vitoria tamén para os dous equipos que militan na Primeira Autonómica. A Sar lograba imporse ante o Balonmán Loriga e O Chapela regresou tamén co vitoria da súa visita de Pontedeume

Palencia 29-32 SAR Rodavigo

Sétimo lugar para a SAR que esta fin de semana lograba unha nova vitoria na súa visita a Palencia. Partido axustado no que as locais non llo puxeron doado pero no que as de Vero Posada lograron superar grazas as súas boas acción ofensiva. Na vindeira semana xogan na casa, reciben na bomboneira ao terceiro da categoría, o Gijón.

Balonmán Loriga 27-34 Sar Plastic Omnium

A SAR Plastic Omnium lograba impoñerse na difícil pista do Balonmán Loriga. Malia que o partido comezou igualado, pouco a pouco os de Redondela lograron distanciarse no marcador e levarse o partido por 7 tantos. Vitoria que os sitúa na terceira praza do grupo e a tan só un punto de distancia dos segundos. Na vindeira semana reciben na bomboneira ao penúltimo da clasificación, o Pontedeume, equipo que precisamente caeu derrotado co Chapela este sábado.

Pontedeume 26-31 Balonmán Chapela

Un Balonmán Chapela que grazas a súa vitoria desta fin de semana logra afastarse dos postos de descenso e que tentará seguir sumando punto no pavillón Manuel González Soto nun partido previsto para o sábado ás 18:30 contra o Mecalia Atlético Guardés.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará