Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Meco para queimar o machismo no deporte

meco 2

A tan só tres días do inicio das celebracións do Entroido o vindeiro sábado, a praza do Concello acolle xa a figura do Meco. Nesta ocasión unha crítica ao machismo no deporte e que se personaliza na figura do que fora presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales, quen se viu obrigado a dimitir tras bicar á xogadora Jennifer Hermoso sen o seu consentimento. Un meco que leva a lenda “non é non” e que será pasto das lapas na tarde do vindeiro martes.

A polémica tras o bico non consentido de Rubiales a Hermoso durante a celebración da vitoria no Mundial Feminino de Fútbol supuxo todo un revulsivo de conciencias sobre a necesidade de erradicar o machismo que existe no deporte, especialmente no ámbito do fútbol. Un suceso que precipitou a dimisión de Rubiales como presidente da Federación e que o leva agora a protagonizar a queima do meco do vindeiro martes en Redondela. A súa figura sobre unha tarima na que se pode ler “Non é non” permanecerá ata entón na praza do Concello.

O meco deste Entroido 2024 pon así o foco nun tema de gran relevancia do pasado ano “non só no mundo do deporte, senón na sociedade en xeral, e do que se fixeron eco medios de comunicación de todo o mundo”, sinala a concelleira de Cultura, Rita Pérez.

A figura foi realizada por Rubén Casal, autor redondelán especializado neste tipo de representacións artísticas que leva xa varios anos facéndose cargo do Meco. Na escultura non falta detalle, conta co seu traxe feito a medida e está revestido cun tratamento “para que resista calquera inclemencia meteorolóxica” explica o artista. Rita Pérez sublimaba que levan anos apostando por este artista local.

Lembramos que será devorada polo lume o Martes de Entroido nunha xornada que arrancarán ás 17.00 horas co Desfile-Concurso de Disfraces individual e colectivo, inclúe tamén obradoiros na Alameda Castelao e animación nas rúas da man da Batucada Brassica Rapa, unha brass bands feminina cun espectáculo moi variado con grandes éxitos do pop, a música tradicional galega, o jazz ou bandas sonoras de películas. Ás 19.00 horas celebrarase a queima do Meco co espectáculo “Lume” de Troula Animación e festa continuará pola noite desde as 20.30 horas coa música da discoteca móbil da Duendeneta na rúa Alfonso XII.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará