Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A veciñanza retoma as mobilizacións ante a parálise da Deputación na reforma da estrada Amoedo e Os Valos

ep2702

Dez meses despois de que a Deputación presentase un anteproxecto cun orzamento aproximado de un millóns de euros, o arranxo desta estrada segue en punto morto. O cambio de goberno no organismo provincial paralizou unha obra longamente demandada polos veciños e usuarios deste estrada EP-2702 que deciden agora retomar as protestas ante a “inacción do novo goberno da Deputación” e para reclamar o arranxo dunha estrada que supón un continuo perigo para os peóns e condutores que a empregan.

O proxecto de mellora desta vía que comunica Amoedo con os Valos vén dende hai anos. O último paso salvado foi a consecución dos terreos, para o cal a veciñanza da zona cooperou activamente. No mes de abril de 2023 a Deputación presentou no Centro Cultural de Nespereira o anteproxecto, cun investimento aproximado dun millón de euros que o organismo provincial tiña previsto financiar na súa totalidade.

Con todo, o cambio de goberno – que pasou a mans dos populares no pasado mes de maio- deixou estes compromisos enriba da mesa. Dende a Plataforma pola reforma da EP-2702 solicitaron en varias ocasións unha reunión cos representantes do organismo provincial e “tivemos a calada por resposta” segundo explica Alex Pérez.

A intención do proxecto anunciado era transformar por completo este viario, que soporta un intenso tráfico e precisa entre outras cuestións a corrección dalgúns puntos do trazado. Tamén contemplaba a ampliación da plataforma para a dotación de beiravías, a corrección das curvas con menor visibilidade garantindo así unha estrada moderna e funcional nunha vía que “a día de hoxe é moi perigosa tanto para peóns como para vehículos”.

Despois do mes de abril, o mal o mal estado da vía segue igual e o volume de tráfico que soporta, en particular de tráfico pesado relacionado co polígono de Amoedo tampouco descende.

Ante esta situación retoman as mobilizacións que os levarán a cortar a estrada os vindeiros día 15 e 21 de febreiro para reivindicar unha vez máis o arranxo da vía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará