A oferta de instalacións deportivas municipais amplíase cun novo parque de calistenia en Chapela que se suma ao que dende hai tres anos funciona xa na zona da Marisma. O novo parque conta cun total de nove elementos, dous deles adaptados para persoas con mobilidade reducida, e supuxo un investimento de preto de 18.000 euros financiados polo Plan Concellos.
Un parque que busca atender ás demandas da veciñanza segundo explicou o Concelleiro de Deportes, Iván Valles, quen confía en que “a proximidade destas novas instalacións co club de remo de Chapela permita tamén aos rapaces e rapazas do club completar alí os seus adestramentos”.
As novas instalacións contan con todos os elementos requiridos para a práctica da calistenia cun total de nove elemento, dous deles adaptados para persoas con mobilidade reducida. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que ao igual que no parque da Marisma para o goberno local era “fundamental que parte dos elementos destas instalacións fosen inclusivos, para que poidan utilizalos persoas con mobilidade reducida”.
O parque conta con espaleira, escaleira horizontal, mesas de lumbares, dominadas, anellas, barra fixa, paralelas, monkey e snake bar. Nunha zona con solo adaptado e accesible están a escaleira horizontal inclinada de integración de 1500 a 900 mm e paralelas simples inclinadas de integración. O recito conta tamén con paneis informativos coas de recomendación de uso na zona de xogos.
Con este novo parque de calistenia a oferta de instalacións deportivas municipais amplíase para toda á veciñanza, e en especial á mocidade, “de lugares de ocio nos que desenvolver actividades deportivas ao aire libre”. O orzamento destas instalacións ascendeu a 17.923 euros financiados polo Plan Concellos.