Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela adia o desfile de comparsas por mor da choiva

comparsas

O Concello de Redondela suspende os actos do #Entroido previstos para este domingo ante o anuncio de mal tempo que se prevé para esa xornada. As actividades previstas para este domingo trasládanse ao día 25 de febreiro. Si se mantén a programación do entroido do sábado, con concertos no Campo da feira e actividades para os cativos, que na vez de desenvolvérense na Alameda terán lugar na carpa do Campo da Feira.

As comparsas terán que esperar para saír á rúa, unha vez que o desfile se adia dúas semanas. As actividades deste domingo trasládanse ao día 25 por unha banda ante o mal tempo que se anuncia de cada ao día 11 e ao ser imposible celebrar esa cita o 18 de febreiro, data na que se celebran as eleccións galegas.

En canto a programación do sábado, o concello optou por manter as actividades previstas e que inclúen os concertos no campo da feira, lugar no que xa está instalada unha carpa para evitar as posibles inclemencias meteorolóxicas. Introdúcense cambios nas actividades propostas para o público infantil e xuvenil que se trasladan á carpa do Campo da Feira:

ENTROIDO INFANTIL E XUVENIL

De 17:00 a 19:30h. Obradoiros infantís. 👉Carpa do Campo da Feira

18:00H. Psychodelia de Troula Animación. 👉Carpa do Campo da Feira

Festa do Entroido no Campo da Feira

21:00h. La Patrulla. Versións de Pop Rock Español

23:15h. Estopaos. Tributo a Estopa

00:30h. Rodri Vegas. Sesión Dj

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará