O Centro Recreativo Cultural de Redondela organiza hoxe luns día 12 un Entroido infantil co obxectivo de ofrecer unha tarde de actividades e diversión a nenos e nenas. A cita desenvolverase en horario de 17:00 a 20:30 horas e está aberta tanto a socios como a público en xeral pero, mentres os primeiros entrarán de balde, os que non sexan socios deberán abonar 5 euros.
A xunta directiva anima a veciños e veciñas a facerse socios para poder seguir realizando eventos e actividades. Lembran que a cota de socio infantil é de tan só cinco euros o que permitiría o pase gratuíto a actividades como a de hoxe luns. Animan tamén á cidadanía a coñecer o centro e informarse da intensa programación que alí se desenvolve.