Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata a primeira edición do Taller de Pais e nais no que se abordaron os retos na educación dos adolescentes

clausura anpas

A Federación de Anpas de Redondela valora moi positivamente a participación e o desenvolvemento dos talleres-escola orientados a familias con nenos e nenas adolescentes e confirma a súa intención de continuar realizando esta actividade no futuro. Entenden que esta primeira edición foi todo un éxito de asistencia nas 8 sesións nas que se abordaron “as dificultades na educación dos nosos fillos e fillas na puberdade e adolescencia tales como os límites, o proceso de crecemento, o sexo, o mundo dixital ou os roles”.

A entidade encargada de levar a cabo esta iniciativa pioneira nos centros de secundaria e bacharelato de Redondela foi o Centro de Desenvolvemento da Saúde Comunitaria “Marie Langer”, especializado en intervención comunitaria. O obxectivo era abordar as dificultades que conleva axudar a crecer a un neno, nena ou adolescente “unha tarefa apaixonante que supón tamén un reto para pais e nais”. Precisamente este curso ofreceu un espazo de reflexión e formación que facilitou aos participantes algunhas ferramentas e criterios para promover unha crianza máis saudable. O programa foi completado con intervencións nas aulas nas que os adolescentes puideron aprender a xestionar dun xeito máis satisfactorio moitas das situacións cotiás nas que se atopan no seu proceso evolutivo.

Despois desta acollida tan favorable, a Federación de ANPAS está xa a traballar co obxectivo de conseguir fondos que fagan posible unha nova edición para que o conxunto da comunidade dispoña de máis e mellores ferramentas de acompañamento á mocidade nos fogares e nas aulas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará