Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Omnium imponse ao Pontedeume nunha fin de semana de derrotas para o balonmán local

balonmán chapela

Foto: balonmán Chapela

O pavillón da bomboneira viviu un día intenso con sabor agridoce. A SAR Plastic Omnium lograba unha clara vitoria ante o Pontedeume nunha xornada na que as mozas da SAR caían derrotadas ante o Balonmán Xixón nun partido dominado de principio a fin polas asturianas. Derrota Vitoria tamén para o balonmán Chapela que caía ante o Guardés.

SAR Rodavigo 22 – 31 Balonmano Gijón

As mozas da SAR sitúanse na sétima praza da clasificación logo da derrota sufrida o sábado. O partido arrancou bastante igualado cun 6-6 nos primeiros 15 minutos pero pouco a pouco as de Xixón foron distanciándose no marcados chegando ao descanso xa cunha vantaxe de cinco goles.

Na segunda metade as locais non estiveron acertadas nin en ataque nin en defensa e a distnaica foi ampliándose ata chegar ao definitivo 22-31 final.

Na vindeira semana xogan no campo dun rival directo, desprázanse a Cantabria para medirse ao Camargo.

SAR Plastic Omnium 35 – 27 Balonmano Pontedeume

Moito mellor lles foi aos mozos da primeira autonómica que lograron imporse ao equipo de Pontedeume. Un partido que arrancou moi igualado, pero que grazas ás boas accións ofensivas xa no descanso deixaban un resultado positivo para os locais que se foron a vestiarios cun marcador a favor de 17-12. Na segunda parte lograron manter a vantaxe e chegar ao pitido final cun 35-27.

 Situados nunha cómoda segunda posición, na vindeira fin de semana desprázanse ata A Guarda para medirse ao Atlético Guardés.

Balonmán Chapela 24-33 Atlético Guardés

Os rapaces da Primeira autonómica de Chapela non tiveron o seu día e caeron ante o Guardés. Na vindeira semana tentarán defender a súa oitava posición ante un rival complitado, o Magope Seis do Nadal, cuartos da categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará