Esta fin de semana celebrouse en Expourense o Campionato Galego Sub18 Pista Cuberta, organizado pola Federaciçon Galega de Atletismo, onde 5 deportistas redondeláns do Club de Atletismo de Redondela (CAR) fixeron unha excelente competición e melloraron de xeito notable as súas marcas persoais.
Gael Couñago Romasanta batera o ano pasado a marca que estaba vixente en Salto de Altura Sub16 dende o 25 de xaneiro de 1975 cun rexistro de 1,86 metros. Este ano o atleta sube de categoría e compite en Sub18 para tentar seguir batendo récords. Polo momento revalidou o título de Campión Galego cunha marca persoal de 1,92 metros que lle da acceso directo a participar no Campionato de España Sub18 ST e que supón superar a súa marca persoal en 6 puntos.
A xornada continuou con diferentes probas nas que destacaron 4 deportistas redondeláns. Hugo Couñago Cabaleiro mellorou a súa marca persoal en 60 metros cun resultado de 7.46; David Lago Alonso destacou en 1500 m cunha marca de 4:34.37; Noa Valle Vidal participou en 400 m cunha marca de 1:09.95 e Yago Ortega Seoane logrou en 800 m un resultado de 2:22.96 .