Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Antonio Viaño: “O reto é adaptar o CR Chapela ás novas tecnoloxías”

WhatsApp Image 2024-02-08 at 19.53.44

Foto da nova directiva

Asemblea Extraordinaria para a renovación da Directiva do CR de Chapela rematou, como se esperaba, co nomeamento de Antonio Viaño como novo Presidente do club.  Foi un momento emotivo onde as frases entrecortábanse da emoción e no que houbo moitos aplausos dedicados a Julio Prado, o antigo Presidente que se retirou do cargo despois de 20 anos.

O cambio de directiva non era algo descoñecido, xa era soado dende hai meses. Viaño explica que os principais cambios nos cargos foron nos postos de presidencia, pero o equipo mantense “moi similar ao que traballou durante o mandato de Prado”.

“Julio Prado e a directiva do CR de Chapela fixo e fai un traballazo”, Antonio Viaño.

A principal novidade que implantará a nova dirección céntrase nas necesidades sociais do club para tentar manter maior contacto directo cos socios e coa xente da parroquia . Dende a directiva senten que o club “está desapegado dos rapaces e rapazas máis novos” e por iso cambiarán a estratexia de comunicación e tentarán modernizala.

“Entre outras cousas, tamén temos necesidade de máis espazo”, Viaño.

Daranlle máis peso ás novas tecnoloxías e ás Redes Sociais para deseñar unha estratexia que atraia a deportistas da contorna e “buscar novas formas de financiamento”. En definitiva, trátase de “modernizar o club”. En canto ao deportivo continuarán delegando nos adestradores as decisións de cara ás competicións.

“Un club máis adaptado ás novas tecnoloxías”, Viaño.

Antonio Viaño leva 5 anos traballando na directiva do CR Chapela e agora colle os mandos da Presidencia sen ter experiencia previa, pero con paixón por este deporte. Achegouse ao mundo do remo a través da súa filla, remeira en Chapela, e o “bo ambiente  e o compromiso que ten a xente do club” fixo que se implicara cada vez máis ata chegar a este momento.

“Son máis un coordinador das ideas dos demáis, aquí participamos todos en todo”, Viaño.

Como retos para esta tempada propóñense adaptarse a nova Liga Galega de Bateis que aínda é “unha incógnita “ e como obxectivos queren conseguir revalidar o título de Campioas Galegas de Traiñeiras na Liga Feminina e chegar ao primeiro posto tamén na Liga A coa embarcación masculina. Teñen postas esperanzas na embarcación que compite na Liga B, por estar conformado por rapaces de entre 16 e 18 anos con moitas ganas e que cada vez deféndense mellor para ir escalando postos.

O xoves 22 de febreiro o CR de Chapela organiza unha Gala en Homenaxe a Julio Prado polos seus anos como Presidente,  polo súa “extraordinaria forma de facer as cousas “ e por todos os avances que conseguiron gracias ao seu traballo. O evento terá lugar no Multiusos de Chapela ás 19:00 horas da tarde con entrada libre ata completar aforo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará