Foto: Policía Local
Os feitos producíanse ás dúas de madrugada deste xoves. O mozo, de 17 anos de idade, foi trasladado a un centro hospitalario polas feridas sufridas tras colidir contra unha das barreiras de saída da AP-9 e acabar envorcado na estrada. Enfróntase a dous delitos contra a seguridade viaria, un por conducir de xeito temerario e outro por carecer de permiso de conducir.
Os feitos producíanse ás dúas da madrugada de hoxe cando a Policía Local recibía un aviso que alertaba da presenza dun vehículo estacionado na autoestrada AP-9. Unha vez no lugar o condutor, veciño de Meaño e de tan só 17 anos de idades, ao decatarse da presenza dos axentes deuse a fuga a toda velocidade facendo caso omiso das indicacións da policía.
Iniciouse así unha persecución pola AP-9 ata que o mozo decidiu abandonar a autoestrada na rotonda de Cabanas, golpeando a barreira da peaxe e posteriormente perdendo o control do vehículo para rematar envorcado sobre a calzada.
O condutor foi así interceptado pola Policía Local e a Policía Nacional, quen solicitaron unha ambulancia para trasladar ao rapaz a un centro hospitalario, onde xa se personou o seu pai.
Como consecuencia dos feitos, un dos vehículos policiais sufriu danos. O condutor enfróntase agora a dous delitos contra a seguridade viaria: un por condución de xeito temerario e outro por carecer de permiso de conducir.