Foto: Sociedade Deportiva Pazos
O equipo de Terceira División impúxose no partido contra o Distrito Ventorrillo por 6-4. Vitoria tamén para o Redondela Rodavigo que se sitúa na sexta praza da categoría tras imporse claramente ao Pizarras Los Tres Cuñados. Non tivo a mesma sorte o Chapela que caeu ante o Bueu por 0-5.
Pazos 6-4 Distrito Ventorrillo
O equipo da Sociedade deportiva Pazos logrou a vitoria no partido disputado esta fin de semana no campo municipal. Os de Matilla amosaron a súa mellor versión realizando un partido serio e sen erros que lles permitiu chegar con vantaxe aos últimos minutos de partido ante o equipo herculino e sentencian no último minuto co definitivo 6-4. Unha vitoria que mantén ao Pazos na novena praza da Terceira División. Na vindeira semana tentarán escalar posicións na súa visita a un campo difícil, o Santa Isabel Outeiro de Rei, cuartos clasificados.
Preferente Galicia
Redondela FS Rodavigo 8-1 Pizarras los Tres Cuñados
Vitoria contundente do Redondela ante o Pizarras los Tres Cuñados. Nun partido onde os visitantes non tiveron posibilidade ante un Redondela Rodavigo claramente superior. Situados na sexta praza da categoría, visitan na vindeira semana o campo dun rival, o Poio Pescamar, oitavos do grupo.
Campito Chapela 0-5 Bueu
Non tivo a mesma sorte o Chapela que caía ante o Bueu por 0-5. Unha derrota que os sitúa como pechacancelas do grupo. Na vindeira semana visitan o campo do noveno clasificado, o Beade Copefri.