Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrincan os obradoiros de lectura activa e escritura creativa

Diseño sin título

Andreia Costas, artista multidisciplinar  de Chapela, será a encargada de dirixir os obradoiros de Lectura Activa e Escritura Activa no Centro Socio Comunitario de Redondela. Son independentes e desenvolveranse por separado todos os martes (lectura) e mércores (escritura) de 17:30 a 19:30h do 20 de febreiro ao 17 de abril.

Durante estes catro meses a docente explica que a intención é “compartir opinións arredor dos textos, conectar e espertar o lado crítico nun espazo seguro”.

No obradoiro de Lectura Activa Andreia servirá de canle para dinamizar e apostar pola conversa, pero os protagonistas serán as persoas participantes. O primeiro libro que debaterán na sesión será ‘¿Qué me queres amor?’ de Manuel Rivas do que contan con 15 exemplares para o seu préstamo. Cabe destacar que todos os volumes dos títulos que se traballen prestaránse de balde.

Por outra banda, no obradoiro de Escritura Creativa Costas ensinará técnica a través das dinstintas perspectivas, estruturas e núcleos de narración, pero tamén utilizará xogos que impliquen a gramática e a experimentación co grupo. Especialista en certames de poesía e microrrelatos, tanto en galego como en castelán, a docente tamén axudará aos participantes a presentarse a este tipo de concursos con textos de calidade.

Para máis información e inscribirse nas prazas que aínda quedan libres o Centro Sociocomunitario (Paseo da Xunqueira, 27, 36800 Redondela, Pontevedra) pon a disposición o numero de teléfono: 886 110 650.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará