O Club de Remo Chapela organiza unha homenaxe a Julio Prado tras deixar a presidencia da entidade deportiva despois de 20 na directiva. O evento terá lugar o xoves 22 de febreiro á 19:00 horas no Multiúsos de Chapela. As instalacións da parroquia acollerán aos remeiro, técnicos e principais representantes das institucións locais en honra dunha das figuras máis importantes da historia do club.
Julio Prado explicaba, nunha entrevista para Radio Redondela, que esta decisión foi voluntaria para “descansar tras dúas décadas con responsabilidades no club e para poder gozar de máis tempo coa familia”.
No acto estará presente a nova xunta directiva e o seu novo Presidente, Antonio Viaño, quen recollerá o relevo de Prado. Viaño, con 5 anos de experiencia na organización do club, explica que os principais cambios nos cargos foron nos postos de presidencia, pero o equipo mantense “moi similar ao que traballou durante o mandato anterior”. Engade que o reto está en “adaptar o CR de Chapela ás novas tecnoloxías e modernizalo”.
O acto, que se celebrará este xoves 22 de febreiro ás 19:00 horas no Multiúsos de Chapela, estará aberto ao público. O aforo é limitado e necesítase confirmación de asistencia no 986 44 15 70.