Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pedro Villaverde: “A poda das árbores na Avenida Mendiño realizouse por motivos de seguridade”

poda mendiño

O concelleiro responsable de Parques e Xardíns asegura que a drástica poda realizada nas árbores que se atopan nesta rúa e que os seus socios de goberno cualificaron de “arboricidio” consistiu “nunha limpeza nas árbores da avenida Mendiño por motivos de seguridade” co obxecto de “evitar posibles desprendementos das pólas que estaban secas e podres”.

A Agrupación de Electores falaba de “atentado ecolóxico” ao referirse á poda realizada nas árbores que se atopan na Avenida Mendiño. Unha empresa contratada polo Concello, engadían “realizou unha poda totalmente salvaxe, absolutamente innecesaria e sen un mínimo criterio medioambiental”.

Unhas palabras ás que contesta agora o edil Pedro Villaverde quen asegura que os traballos foron realizados por operarios municipais e que se realizaron “por motivos de seguridade para evitar posibles desprendementos das pólas que estaban secas e podres”.

Pedro Villaverde, Concelleiro de Parque e Xardíns

Villaverde rexeita as acusacións dos seus socios de goberno que cualificaran a actuación de “arboricidio” e asegura que desde o departamento de Medio Ambiente se realízanse estudos de xeito periódico para avaliar a situación do arboredo. Neste sentido a edil Pilar Martínez explica que cando comezaron os traballos de poda que se realizan anualmente “o servizo de Parques e Xardíns comprobou que algunhas árbores se atopaban en moi mal estado, con pólas de gran tamaño secas e podres, e que existía un grave risco de desprendemento”.

Pilar Martínez, Concelleira de Medio Ambiente

Lembran desde o goberno local que esta avenida é paso obrigado de centos de nenos e nenas e das súas familias, ao atoparse no acceso aos centros de ensino, conservatorio e instalacións deportivas. “A limpeza que se fixo nas árbores tiña como obxectivo evitar este perigo á veciñanza”, afirma Villaverde. Desde a concellería de Parques e Xardíns sinalan que dúas das árbores foron retiradas, ao estar totalmente secas, e serán substituídas por dúas árbores novas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará