Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior prepárase para acoller a XXII edición do Certame da Camelia

rosana comesaña e silvia cernadas _01

O evento celebrarase os días 9 e 10 de marzo e conta cunha ampla programación de actividades pensado para todas as idades. A principal proposta volve ser a exposición de composicións de flor de camelias que se desenvolve nos xardíns e instalacións do Castelo de Soutomaior, pero haberá tamén obradoiros para cativos, paseos guiados e música con Lulavai.

A concelleira de Promoción Económica, Hostalería e Comercio, Rosana Comesaña, e a concelleira de Turismo e Cultura, Silvia Cernadas, presentaron esta cita que busca seguir sendo un punto de referencia para  que as persoas cultivadoras e afeccionadas á camelia. Inclúese como actividade principal a exposición de composicións de flor de Camelia que se desenvolven nos xardíns e instalacións do Castelo de Soutomaior, nos centros educativos e no comercio/hostalería local.  As actividades complementarias inclúen dinamizacións como o obradoiro creativo de chapas “Camelia María Vinyals”, os paseos guiados polos xardíns do Castelo a cargo de Noemí Pérez Alonso, guía  de turismo e especialista en Camelias, o obradoiro  de kamishi (teatro de papel) e pop-up que se realizará coa camelia branca símbolo do sufraxismo e feminismo, a sesión de Relaxación con aceite de camelia e degustación de té a cargo de Miryam Vieitez e ErikaTaracido ou o espectáculo do grupo Lulavai que, co seu cuarteto de arpas, ofrecerá un concerto que achegará ao público aos sons e voces célticas procedentes de Galicia.

Inscricións

Ao certame poden concorrer todas as persoas, profesionais ou afeccionadas sempre que realicen a súa inscrición como data límite o  27 de febreiro de 2024. As datas principais da edición XXII Certame da Camelia serán sábado 9 e domingo 10 de marzo no Castelo de Soutomaior. Aínda que o xoves 7 de marzo o concello de Soutomaior comezará coa programación deste Certame co Obradoiro de Pop-up.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará