Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pavillón municipal de Soutomaior acolle este domingo a homenaxe ao veterano deportista Alfonso Pazos

DSC01072

Pioneiro do baloncesto en Soutomaior e durante varias décadas adestrador e presidente do Club de Baloncesto de Arcade, Pazos atesoura méritos máis que suficientes como para contar cun pavillón na localidade. Así o entende o goberno local que convoca a veciñanza a achegarse este domingo ás instalacións da Montesiña que pasarán a nomearse Pavillón “Alfonso Pazos”.
O acto homenaxea dará comezo o 25 de febreiro ás 12:30 no Pavillón da Montesiña cun acto institucional no que estará presenta toda a corporación municipal. A continuación as protagonistas serán as alumnas e alumnos das escolas deportivas de baloncesto do concello que amosarán as súas habilidades na cancha coa presenza de Alfonso Pazos.
O momento máis emotivo chegará da man da intervención de persoas que tiveron relación co homenaxeado e que estiveron vencelladas á historia do Club de Baloncesto Arcade. A continuación procederase a descubrir a placa conmemorativa que levará o seu nome, Pavillón da Montesiña Alfonso Pazos. Un acto que contará con máis sorpresas e no que tamén estará presente a música.
O alcalde, Manu Lourenzo, sinalou que poñer o nome de Alfonso Pazos ao pavillón municipal “responde á débeda histórica que o baloncesto e o deporte en xeral do noso concello ten con este ilustre veciño, quen durante décadas se entregou en corpo e alma a construír un Soutomaior mellor e para toda a veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará