O club desprazouse ata Noia durante a fin de semana para que os patinadores Pablo Cerezo e Luna Regueiro defenderan o seu programa corto por primeira vez en categoría nacional no Trofeo Deputación organizado polo Club Noia Patín no Pavillón de Agustín Mourís.
O redondelán Pablo Cerezo rematou de terceiro no podio na categoría sénior masculina e Luna Regueir non tivo tanta sorte. Rematou nos últimos postos da categoría cadete por unha caída na pista provocada por unha lesión que arrastraba dende fai semanas.
Segundo a adestradora, “Luna tivo unha caída bastante dolorosa na proba de pista e xa arrastraba dor doutra caída nos adestramentos semanais, e a actuación no campionato non foi todo o boa que se esperaba” .
Dende o club bolboreta “celebran os resultados do sábado onde unha vez máis se demostrou o gran nivel do deporte galego”. Por outra banda, animan aos mozos da contorna a probar este deporte, que soe ter maioritariamente presenza feminina.