Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As Xornadas sobre diversidade funcional de Andaina contarán co recoñecido mestre César Bona

cesar bona 1

IV edición dunhas xornadas que buscan ofrecer a familias, profesorado e público en xeral formación no ámbito da discapacidade. Charlas, foros, exposicións fotográficas e pictóricas forman parte desta actividade que terá lugar o 16 de marzo no Multiúsos da Xunqueira e cuxo prazo de inscrición está xa aberta no enderezo andainaculturaedeporte@gmail.com ou no teléfono 698 12 63 34 como data límite o día 11.

Unha cita que nace hai catro anos nun primeiro momento co obxecto de dar resposta ás necesidades de formación que demandan as familias asociadas a Andaina, pero que dende o inicio xa se viron superadas ao chamar a atención doutros sectores, especialmente o educativo, que tamén buscan contar cunha maior formación.

Lara Naya, coordinora das xornadas, explica que o programa está centrado en tres ámbitos: o educativo, o ámbito social e laboral e os cambios lexislativos, xa que son moitas as novidades que se teñen producido en canto as tutelas ou a temas legais

Nesta edición contará con charlas de diferentes profesionais como César Bona, mestre, escritor e conferenciante quen abordará a humanización na educación que pasa necesariamente por respectar a diversidade. A psicóloga clínica Rocío García Castro explicará como evitar o desgaste emocional das familias e profesionais.

O mestre Miguel Hernández Nores ofrecerá dúas charlas, unha centrada na escola inclusiva e outras máis práctica na que achegará aos asistentes accións e propostas concretas de aula, con deseños flexibles e accesibles. O programa complétase cunha charla sobre as novidades na lei de discapacidade.

A intervención máis persoal correrá a cargo de Ánxela López Leiceaga, unha das primeiras mulleres con diversidade funcional en Galicia en estudar en centros ordinarios e cursar estudos superiores, quen falará dende a súa propia experiencia.

A maiores e como actividades paralelas haberá dúas exposicións que se abrirán ao públioco a principios de marzo. Unha exposición de pintura a cargo de Oscar Veiga e unha mostra fotográfica de Paula Verde cuxas imaxes centradas en recoñecer a diversidade están dando a volta ao mundo.

As persoas interesadas en inscribirse nestas xornadas teñen de prazo ata o día 11 para formalizar a súa asistencia. Os socios de Andaina poden acceder ás mesmas de balde mentres que a entrada xeral ten un custe de 25 euros, cunha entrada reducida a dez euros para persoas desempregadas, estudantes ou persoas con diversidades.

Máis información neste enlace.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará