Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xoán Carlos González recibe o apoio do BNG tras ser acusado de machista

bng

Segundo aseguran dende o Consello Local do BNG, o seu voceiro “limitouse a facer públicas as prácticas que a concelleira popular Ana Alonso realizou durante a xornada electoral creando un ambiente de tensión e malestar no colexio de Cedeira”. Critican tamén que unha interventora do PSOE increpara a Xoán Carlos González ao rematar o pleno así como as acusación de “de intimidación á concelleira Jéssica García na súa condición de muller” vertidas dende AER.

O Consello Local do BNG vén de emitir un comunicado non que expresan o seu “respaldo incondicional ao seu voceiro municipal” tras ser cualificado de machista por parte do PP. Afirman que o único que fixo Xoán Carlos González foi denunciar a actitude da concelleira Ana Lemos na xornada electoral do 18F quen estivo  “presionando continuamente á mesa electoral do colexio de Cedeira nunha actitude antidemocrática”.

Cuestionan o papel dalgunha interventora do Partido Socialista “que non só mirou para outro lado, senón que tamén increpou a Xoán Carlos González pola súa denuncia” e rexeitan as acusacións vertidas dende AER, de “intimidación á concelleira Jéssica García na súa condición de muller”.

Pola súa banda Xoán Carlos González, reafírmase nas súas declaracións ante uns comportamentos que se repiten dende hai anos, “e que non nos quedou máis remedio que denunciar no Pleno” e engade que “se toda esta polémica serve para que a aludida cambie de condutas benvida sexa”.

Quixo tamén trasladar o seu agradecemento “a aquelas persoas que publicamente ou a título particular lle trasladaron o seu apoio durante estes días”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará