A rodaxe terá lugar entre o 4 de marzo e o 7 de abril e as persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do enderezo obradoiro@estudoslocais.org ou ben por teléfono no número 630 02 71 65 achegando os seus datos persoais.
O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy fixo público que, co gallo da rodaxe dunha película histórica que se vai levar a cabo no vindeiro mes de marzo na illa de San Simón, a produtora que está detrás do proxecto busca colaboración para conseguir a participación de figurantes, tanto homes como mulleres.
Quen se pode presentar?
Búscanse 20 homes e mulleres preferiblemente maiores de 60 anos, 15 homes de complexión delgada que teñans entre 20 e 39 anos e seis mariñeiros para unha secuencia na que teñen que interpretar que están a faenar.
Onde inscribirse?
As persoas interesadas en participar deben poñerse en contacto co obradoiro ben por email no enderezo obradoiro@estudoslocais.org ou ben por teléfono no número 630 02 71 65.
Deberá achegar datos como: nome, idade, teléfono de contacto e se fose posible unha foto.
Selección
Con todas as persoas que se anoten o Obradoiro elaborará unha listaxe que será entregada á produtora da película por si fose preciso facer un casting.