Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres redondeláns participan este domingo en Tokio no seu quinto gran maratón mundial

maraton 3

Roberto Lago, David Alonso e Jose Manuel Lago son tres amigos de Redondela que actualmente residen en diferentes puntos de España e Europa: David en Suiza, Roberto en Barcelona e José Manuel en Redondela. Unha distancia xeográfica que non lles impide continuar cun proxecto que iniciaron hai anos: terminar o circuíto de maratóns máis importante do mundo e que este domingo os vai levar ata o Xapón para participar no marathon de Tokyo.

A “Abbott World Marathon Majors” é unha competición internacional que agrupa as seis maratóns máis destacadas do mundo. Un circuíto moi esixente que estes tres amigos buscan completar dende o ano 2016 cando se marcaron o reto de completar as seis maratóns máis importantes do mundo, as coñecidas como Majors (Berlín, Chicago, Londres, New York, Tokyo e Boston).

Desde ese momento este desafío foi o nexo de unión para manter a amizade e un proxecto xuntos que os levou a compartiron durante estes ano maratóns, pero tamén viaxes, anécdotas, horas e horas de preparación e moitas experiencias. O proxecto sufriu un pequeno paréntese durante a pandemia, pero no ano 2021 volveron retomalo.

Nestes anos xa completaron con éxito: Berlín, Chicago, Londres e New york e este domingo afrontan o reto do seu quinta maratón, a súa quinta estrela: a marathon de Tokyo en Xapón.

Este domingo farán fronte a unha nova carreira que os sitúa máis próximos de lograr o reto de completar os seis majors, con todo insisten “o máis importante é gozar do camiño para conseguilo, fortalecendo os lazos de amizade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará