Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carla Bóveda: “Non se trata de adoutrinamento, senón de mostrar a realidade do colectivo LGBTIQ”

WhatsApp Image 2024-02-20 at 11.09.47 (1)

Foto da presentación do libro.

‘As múltiples cores da vida’ é o segundo libro da colección Feminismos da editorial Galaxia editado en colaboración coa Universidade de Vigo. Trátase, nesta ocasión, dunha obra na que se amosa a dura realidade que ten que enfrontar o colectivo LGBTIQ á vez que se fan propostas de estratexias para promover unha sociedade máis xusta e libre de discriminacións e violencia.

A obra organízase en seis capítulos.  Os dous primeiros presentan experiencias de discriminación e violencia nos diferentes ámbitos vitais relatadas en primeira persoa, mentres que nos dous seguintes abórdanse realidades máis específicas, entre elas, un estudo da situación destas persoas ao chegar á vellez, concretamente en centros destinados para esta etapa da vida. Os dous últimos capítulos céntranse en propor estratexias complementarias para avanzar cara sociedades máis xustas e inclusivas.

Un dos capítulos, titulado ‘A linguaxe non binaria en galego. Reflexións sobre o uso e proposta gramatical ‘, está escrito por Carla Bóveda (Redondela) e Ártemis López (Vigo). Nel falan dos cambios actuais no ámbito lingüístico na lingua galega cara a linguaxe inclusiva. Investigando a gramática para deixar unha guía que permita utilizar a linguaxe non binaria e distinguila das formas inclusivas menos formais. Para Carla “trátase de que todes podamos empregar a nosa voz”.

“A linguaxe non binaria é parte da inclusiva, pero ten as súas formas propias”, Carla Bóveda.

O seu é o único capítulo que fala de lingua. Os demais tratan distintos temas sobre como crear outras pedagoxías e axentes sociais cara o cambio.  Desbotan na súa proposta o uso do X e dos asteriscos ou o @ “pola subxectividade que xeran”.

“Facilita a pronunciación”, Carla Bóveda.

Ademais da publicación desta obra. Carla bóveda forma parte da Rede Galega de Estudos Queer ( @rgequeer) onde traballan a través de congresos e diferentes eventos “para inspirar a xente e falar de temas que están nas marxes e tecer redes de apoio dentro do académico”.

“É importante tecer redes nas comunidades con linguas minorizadas”, Carla Bóveda.

A intención, conta a autora, é que se entenda a mensaxe porque “non se trata de adoutrinamento, senón de mostrar unha realidade”. No libro mostran como “o colectivo LGBTIQ continúa sufrindo discriminación, violencia ou dificultades de integración”.

“Galaxia permite estar presentes nas escolas”, Carla Bóveda.

`As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais‘ escrito por Carla Bóveda, Rebeca Jorge Rodríguez, Ártemis López, Alejandro Raposo González, María Victoria Carrera, Nazaret Blanco Pardo, Estrela Rivas López e editado por María Victoria Carrera Fernández e Nazaret Blanco Pardo con Editorial Galaxia está dispoñible en múltiples librarías e na páxina web de Galaxia.

Ligazón do libro na páxina de Editorial Galaxia: `As múltiples cores da vida. Corpos, identidades e orientacións sexuais‘

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará